AESAD Galicia

Vigo, 36212 ,Spain
AESAD Galicia AESAD Galicia is one of the popular Nonprofit Organization located in ,Vigo listed under Non-profit organization in Vigo , Performing Arts Education in Vigo , Theater in Vigo ,

Contact Details & Working Hours

More about AESAD Galicia

AESAD é o acrónimo de Asociación de Estudantes de Arte Dramática de Galicia. Somos unha asociación sen ánimo de lucro formada no ano 2009 centrada na defensa dos intereses dos alumnos e alumnas de Interpretación, Dirección de Escena e Dramaturxia e Escenografía da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Os nosos obxectivos pasan por representar, asesorar, comunicar e mellorar as ensinanzas de Arte Dramática en Galicia. Máis concretamente:

1. Defender os intereses dos estudantes de Arte Dramática da ESAD de Galicia.

2. Promocionar a integración entre especialidades.

3. Fomentar a participación dos estudantes nos órganos de representación.

4. Promocionar actividades, cursos e encontros para os estudantes de Arte Dramática.

5. Incentivar as relacións entre os estudantes de Arte Dramática con outras institucións, empresas ou compañías artísticas.



A AESAD leva a cabo a súa actividade dende a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia sita na rúa Poza Cabalo s/n (Navia) en Vigo.



A Xunta Directiva está formado por Presidente/a, Vicepresidente/a, Tesoreiro/a e Secretario/a. Ademáis, como garante da representatividade de todas as especialidades, contamos cunha Comisión Permanente formada por dous estudantes de cada unha das tres especialidades.

Map of AESAD Galicia