Actívate en Baio

Baio, Bayo Grande, 15150 ,Spain
Actívate en Baio Actívate en Baio is one of the popular Shopping & Retail located in Baio ,Bayo Grande listed under Shopping/retail in Bayo Grande , Event in Bayo Grande ,

Contact Details & Working Hours

More about Actívate en Baio

Para ser un pobo de case 1500 habitantes, non lle temos nada que envexar ás grandes cidades, xa que dispoñemos de tódolos servizos necesarios; dende dentistas, fisioterapeutas, podóloga, psicóloga e un largo etcétera para coidar de ti e dos teus.

Qué necesitas roupa: non hai problema, en Baio, moda casual e formal para homes, mulleres, nenos e deportistas. E para prendas delicadas, que non falte a tintorería.

Necesitas algo para a casa? Non te preocupes, aquí dende tendas de mobles, electrodomésticos, ferreterías, droguerías, cadenas cen. Incluso temos comercios que se encargarán de que plantes ás mellores patacas da volta.

Queres facer o camiño de Santiago??? Logo non sabías que en Baio temos ás mellores zapaterías, todo o que necesites, dende casual a informal, para homes e mulleres e os máis meniños da casa.

Unha boda a vista: pasa polos mellores perruqueiros e barbeiros e coidado coa resaca do día despois... pero qué digo!!! si en Baio tamén temos farmacia e parafarmacias para que non teñas problemas de saúde despois de tanta festa.

E falando de festa, de bares de ocio, non podedes parar en Baio sin tomar algo nos bares do pobo, onde poderás degustar a mellor gastronomía de Galicia. Gustan tanto que ata os italianos se afincaron en Baio. E xa nin que decir dos pinchos e sobre todo, da compañía que fan que pases horas.

E claro despois de tanta comilona e de tanta festa, xa pensarás que non che vai valer a saia que mercaches. Pois estás equivocado, porque en Baio tamén temos ximnasio, para que os pinchos e a boa comida non che pasen factura.

Porque Baio non é Marineda, é algo máis grande.

BAIO É A PORTA GRANDE DA COSTA DA MORTE

Map of Actívate en Baio