A Batalla

-NA-,
A Batalla A Batalla is one of the popular Festival located in ,-NA- listed under Festival in -NA- ,

Contact Details & Working Hours

More about A Batalla

1ª Festa Histórica de Pazos de Arenteiro (Boborás-Ourense) o 19 e 20 de agosto de 2017.

A 1ª Festa 1809 A Batalla, é moito máis que unha festa-mostra ou un evento ao uso, é toda unha recuperación da nosa historia. Dende Sustinea e o Concello de Boborás, apostamos por este evento coma unha actuación de Desenvolvemento Local Sostible, xa que perseguimos a dinamización de todo o núcleo poboacional da vila.
Nesta festa, participarán as veciñas e veciños de Pazos e dos pobos de arredor, así como as Casas de Turismo Rural da zona.

1809 A Batalla será unha festa que celebraremos na vila de Pazos de Arenteiro situada no Concello de Boborás. Nela representaremos a batalla que alí mesmo tivo lugar contra os franceses a comezos de século XIX e a reconquista das súas terras polos habitantes de Pazos de Arenteiro e arredores. Ademais das representacións, haberá outras actividades na rúa, música popular, obradoiros, postos de comida e artesanía a xeito de romería, espectáculos, etc.

Así co fin de “apoiar, fomentar e promocionar o Desenvolvemento Rural Sostible”, convidámoste a participar connosco na 1ª Festa 1809 A Batalla, desfrutando connosco deste evento que conxuga a historia e cultura dun xeito lúdico con outros produtos artesanais, ecolóxicos e locais.

Agardámoste!

Map of A Batalla