Twist & Shout Club

Calle de Jaime Solá Mestre, 9, El Grove, 36980 ,Spain
Twist & Shout Club Twist & Shout Club is one of the popular Cafe located in Calle de Jaime Solá Mestre, 9 ,El Grove listed under Bar in El Grove , Cafe in El Grove , Concert Venue in El Grove ,

Contact Details & Working Hours

More about Twist & Shout Club

Nos ’60 The Beatles cruzaron o Atlántico e anegaron as listas das radios estadounidenses con temas como o coñecido «Twist and Shout», que vén dicir: «Tórcete e Berra». O seu éxito levou no carro a varios grupos da época, e tamén das illas británicas, que facían rock ‘n’ roll como forma de vida. A este tsunami chamáronlle a Invasión Británica. Cincuenta anos despois chega esta gran onda a un pobo da costa galega (ao que lle deu porse unir ao continente europeo séculos atrás) un local, unha sala, un clube que todo o quere anegar de boa música, calidade cultura e diversión. Falamos por suposto do Twist & Shout. O proxecto naceu da cabeza de André Sánchez Gálvez, tendo como principal inquietude promocionar a cultura underground nesta vila-península chamada O Grove. Contando coa axuda de Mauricio Moldes Otero (barman), Raúl Rei Bea (pintor e músico), Rubén Prol (deseñador de espazos multimedia), Matías Unruh Piñeiro (técnico de son e encargado da produción musical), Rubén Domínguez Pérez (deseñador gráfico e director de cine), Manuel Turnes Fernández (xornalista e blogueiro) e os ánimos de moitos coñecidos e amigos, foi posíbel a creación dun espazo onde albergar concertos e eventos culturais de todo tipo. Coa intención de promocionar e dar a coñecer a música emerxente e de calidade o Twist & Shout Clube é o lugar perfecto para desfrutar dun fantástico combinado, acompañado dun trío de jazz, dunha banda de blues ou dun grupo de rock ´n´roll. Cun deseño que invita a entrar e quedarse, e que respeta a arquitectura tradicional de pedra e madeira, o clube conta cun reservado acolledor e confortable nun piso elevado sobre o chan, e unha magnífica terraza interior onde, os clientes que o desexen, poden fumar. Situado na rúa Jaime Solá número 9, e cun aforo de duascentas persoas, os seus visitantes poden desfrutar de monólogos, concertos, sesións con Dj´s de música alternativa, ciclos de cine, promocións literarias, teatro, concertos sinfónicos e unha variada oferta de bebidas espirituosas. Cunha aposta clara pola coctelería, tanto clásica como moderna, o clube dispón dunha nutrida carta de xenebras premium, espumosos, champañas, whiskys, cognacs, brandys e rons que deleitarán aos padais máis exquisitos e esixentes. Por suposto non podería faltar a cervexa, unha selección de café de calidade, infusións e batidos. Máis que un local de copas, o clube profesa unha filosofía da excelencia en todas as súas manifestacións, prestando especial atención en revitalizar e encher de cor e diversión as noites mecas. Non o dubides, se nos ves visitar: tórcete e berra a gusto.




CONTACTO

DEPARTAMENTO DE PRODUCIÓN:
ANDRÉ SÁNCHEZ GÁLVEZ - producion@twistandshoutclub.com

DEPARTAMENTO DE PRENSA E COMMUNITY MANAGMENT:
MANUEL TURNES FERNÁNDEZ - prensa@twistandshoutclub.com


XERENTE: ANDRÉ SÁNCHEZ GÁLVEZ: andre@twistandshoutclub.com

información e reservas en www.twistandshoutclub.com, andre@twistandshoutclub.com ou nos números de teléfono 680208545/986731383

Map of Twist & Shout Club