TATATA | COMUNICACION | DISEÑO

Rúa Nova 19, Lugo, 27001 ,Spain
TATATA | COMUNICACION | DISEÑO TATATA | COMUNICACION | DISEÑO is one of the popular Graphic Designer located in Rúa Nova 19 ,Lugo listed under Publisher in Lugo , Graphic Design in Lugo , Web Design in Lugo ,

Contact Details & Working Hours

More about TATATA | COMUNICACION | DISEÑO

Como traballamos:

En TATATA, o deseño e a comunicación visual teñen que ver con capturar a esencia das cousas e comunicar dun xeito atractivo e único.

O noso obxetivo é traducir as mensaxes dos nosos clientes cara unha linguaxe visual que sexa fácil de entender e á vez de lembrar, coa fin de comunicar de forma clara, sucinta, e sobre todo coherente. Xunto cos nosos clientes, analizamos a situación e debatimos as posibles solucións de deseño e comunicación. O resultado é un concepto de comunicación sempre a medida e personalizado, que sexa percibido polo público de xeito eficaz e duradeiro.

Sabemos aportar un enfoque analítico e preciso para lograr os obxectivos dos nosos clientes. Esforzámonos en crear unha boa imaxe gráfica para que poda ser usada coherentemente a través dos diferentes soportes e medios que existen no campo da comunicación.



Empresa:

Desde a súa fundación en 1996, TATATA convertiuse nunha axencia de referencia. O noso equipo está implicado na creación de identidades visuais, eficaces e incisivas para diversos clientes, tanto empresas como institucións.

Somos provedores de solucións integrais no ámbito da comunicación e do deseño gráfico. A nosa actividade céntrase principalmente en proxectos de imaxe corporativa, imaxe de marca, campañas publicitarias, packaging, web, vídeo, stands e de forma destacada no deseño editorial e de espazos expositivos. Dentro do deseño editorial a nosa principal especialidade está na edición de catálogos de arte e exposicións, onde contamos cun amplo abano de publicacións realizadas para distintos museos, galerías e artistas de Galicia e outras comunidades.

Map of TATATA | COMUNICACION | DISEÑO