Romería Santa Xusta de Moraña

Santa Xusta, Moraña, 36660 ,Spain
Romería Santa Xusta de Moraña Romería Santa Xusta de Moraña is one of the popular Nonprofit Organization located in Santa Xusta ,Moraña listed under Non-profit organization in Moraña ,

Contact Details & Working Hours

More about Romería Santa Xusta de Moraña

Na parroquia de Santa Xusta, no Concello de Moraña, celébrase dende tempos inmemoriables unha romaría adicada a unha Santa de orixe sevillano, trátase da romaría na honra da mártir Santa Xusta, patrona da Parroquia e do Concello.

Facendo un breve resumo da súa vida, as mártires Xusta e Rufina foron dúas irmás nadas na cidade de Sevilla no século III, de familia modesta, alfareira e cristiá clandestina.

Celebrábase na cidade unha festa na honra a deusa Venus pola que andaban a pedir polas casas, chegaron á casa das dúas irmás, xa orfas de pai e nai a pesares da sua tenra idade, e negáronse a dar a parte que lles tocaba da cota e entre as dúas destrozaron a imaxe da deusa, o que provocou un enfado entre os seguidores da imaxe. As irmás foron levadas ao cárcere e sufriron numerosos tormentos para que renunciaran a fe cristiá, entre eles, o do potro, onde atadas a un torno lles tiraban dos extremos do corpo provocándolles unha dislocación dos ósos. A Virxe aparecéuselles no cárcere e curou as doenzas das dúas rapazas, pero ao día seguinte foron colgadas do pelo ao teito e flaxeladas a latigazos, rabuñadas con ferros e chegaron incluso a arrancarlle as unllas dos pés, atalas aos rabos de dous cabalos e mandalas camiñar detrás deles polos camiños máis empedrados de Serra Morena. As Santas cairon esvaecidas e foron levadas aos calabozos onde Santa Xusta entregou a súa alma a Deus. Santa Rufina foi martirizada ao día seguinte, foi botada ás feras e como estas non a atacaban e lle lambian as feridas Diogeniano ordeou que lle cortaran a cabeza. Os cristiáns recuperaron os seus corpos e pola súa fe e martirio foron canonizadas e nomeadas patronas de Sevilla e dos alfareiros.

santaxusta1.jpgEn Galicia, é Moraña a única parroquia que ten como patroa a mártir Santa Xusta e é unha das poucas ou a única festa que ten na nosa terra esta Santa. Cada 19 de xullo centos de persoas acoden a esta parroquia a pedir e agradecer favores á mártir. A xunto dela van especialmente as persoas que cren verse afectadas por algún meigallo, envidia, mal de ollo ou alguna doenza espiritual, pero tampouco faltan as que lle piden saúde e nestes últimos anos, traballo. Para verse libres do mal de ollo a tradición manda pasar por debaixo da Santa (sempre un número impar de veces) beber auga da fonte que está a carón da igrexa e que data do S.XVI , facer un nó coa man ezquerda nunha folla dun pé de millo e escoitar unha misa das moitas que se celebran no día. É tradición tamén en Santa Xusta mercar os allos e pasalos polo manto da Santa para que queden bendecidos e quedar con eles para alonxar así os malos espiritus. O cura que antes levaba esta parroquia practicaba exorcismos, pois eran moitas as persoas que no día da romaría gritaban e maldecían á Santa víctimas da posesión do demo, por elo se lle adicou ese poder curativo a Santa Xusta contra as doenzas do espiríto.

Na fermosa carballeira que se atopa ao carón da igrexa-santuario de Santa Xusta de Moraña agrúpanse vendedores de recordos da Santa e exvotos, tamén rosquilleiras, pulpeiras e todo tipo de postos de venta de productos típicos da nosa terra para aqueles que ademáis de terlle devoción á Santa a teñen tamén pola nosa gastronomía.

carballeirasxusta.jpgA Santa ten unha folla, uns din que é a palma do martirio e outros unha rama de oliveira, isto crea controversia, pois hai un dito que di “Santa Xusta de Moraña, tres anos foi muiñeira, tiña vasoira de palma e unha escoba de oliveira”, referíndose ao que a Santa leva na man. A imaxe é preciosa e moi milagreira, viste unha túnica branca e un manto vermello, e ao pescozo leva colgadas varias cadeas, regalos dos seus devotos. É unha Santa moi querida no municipio de Moraña e en toda a comarca do Ulla–Umia. Teño escoitado ditos que unen a esta Santa con San Breixo de Barro, ditos dos nosos vellos que os consideran parella e que son algo obscenos polo cal non os vou mencionar.

É de destacar nesta romaría as grandes verbenas que se fan na carballeira e a novena que precede o día propio da Santa, cunha misa matutina e outra vespertina durante os nove días. Santa Xusta é símbolo de devoción e tradición no Concello de Moraña. Invítovos a ir, ten todo o que ten a festa típica galega da que, de seguro, non sairedes defraudados.

Map of Romería Santa Xusta de Moraña