REHOUSSO

Someso, 7, A Coruña, 15008 ,Spain
REHOUSSO REHOUSSO is one of the popular Company located in Someso, 7 ,A Coruña listed under Company in A Coruña , Architect in A Coruña , Interior Designer in A Coruña , Recycling & Waste Management in A Coruña ,

Contact Details & Working Hours

More about REHOUSSO

Pertencemos ao sector da construcción.
En España, o sector da construción perdeu mais da metade do seu valor por mor da crise do boom inmoviliario; pero tras anos de guindastres parados e formigoneiras baleiras en 2015 xa se preveia que houbese un moderado ascenso do valor da produción, que se afianzaría en 2016 nun contexto macroeconómico favorable cunha ligase variación superior ao 4%, o cal pon ao sector da construción tentando consolidarse hoxe como un dos motores de crecemento da economía española. A contribución deste sector ao (PIB) alcanzou no segundo trimestre do ano 2015 incrementos descoñecidos desde comezos de século, cunha taxa de variación do 5,8% con respecto ao mesmo período de 2014.
Aínda que a construción da postcrisis é só un reflexo do que chegou a ser en 2008, e cando a súa achega en prezos correntes ao PIB superaba o 10% e o seu valor bruto engadido á economía era de 28.879 millóns de euros; estimouse que o sector da construción creceria ao redor do 3% en España en 2016, aínda que os incrementos en novas obras civís e construción residencial xa serían máis moderados. No primeiro caso, estarán por baixo do 2%, mentres que no segundo situaranse en torno ao 2,8%.

En REHOUSSO o mais importante é a saúde dos cidadáns e como se ve prexudicada cada dia mais por culpa da deterioración ambiental, sen deixar de lado a orixinalidade e exclusividade para os nosos clientes. Queremos reafirmar un futuro mellor, que fará crecer a importancia do reciclaxe e o seu extenso uso no sector da construción. Ofrecemos un catalogo de vivendas modulares prefabricadas, os cales contan con vantaxes esenciais sobre as vivendas convencionais tales como; a posibilidade de ampliar e/ou reducir, pór e/ou quitar espazos e a rapidez da súa instalación. Polo que vivendas modulares prefabricadas con materiais reciclados, brindan ao cliente a posibilidade de vivir nun ambiente con estilo único, manexable, económico e que axuda indirectamente a mellorar a saúde do medio ambiente; creando así un futuro mellor para as persoas e o planeta.

Map of REHOUSSO