Patarruxo Lecer e Tempo Libre

Cambados, Pontevedra, 36640 ,Spain
Patarruxo Lecer e Tempo Libre Patarruxo Lecer e Tempo Libre is one of the popular Sports & Recreation located in Cambados ,Pontevedra listed under Sports/recreation/activities in Pontevedra ,

Contact Details & Working Hours

More about Patarruxo Lecer e Tempo Libre

Patarruxo Lecer e Tempo Libre é unha empresa nova pero conta cun persoal con ampla experiencia que nace dun proxecto conxunto de mellorar, optimizar e rendibilizar os servizos deportivos públicos. Entendemos que existen grandes insuficiencias con respecto tanto á utilización e aproveitamento dos espazos deportivos e de ocio como á oferta de actividades físicas saudables e accesibles para tódolos grupos sociais. Formamos a nosa empresa coa ilusión de crear unha ferramenta que achegue un soporte profesional para solucionar as devanditas carencias.

Contamos cun alto grao de especialización na xestión do deporte e a actividade física, sumando máis de 15 anos de experiencia no sector da xestión de instalacións deportivas e en todo o relacionado cos seus sistemas de mantemento, limpeza, control de accesos, socorrismo e docencia.

Anteriormente traballamos de forma independente e por conta allea para diferentes empresas coincidindo dende 2009 na mesma, dende ese ano colaboramos no mesmo equipo de traballo actuando na mesma dirección e sentando xa as bases do que hoxe é Patarruxo.

A práctica deportiva é un sinónimo de calidade de vida. Dende os concellos débese levar esta oferta aos veciños de tódalas aldeas para asegurarlles un futuro máis san.

A nosa empresa encárgase de xestionar o deporte municipal no seu concello dunha forma eficaz e participativa, fomentando o seu tecido asociativo e promovendo espazos, programas e actividades deportivas para mellorar a calidade de vida dos cidadáns

Compatibilizamos a xestión das instalacións deportivas municipais coa dinamización e coordinación das diferentes liñas de actividade orientadas a cubrir as distintas necesidades da poboación do municipio.

Map of Patarruxo Lecer e Tempo Libre