O baúl de Isaura

Palláns 45, Túy, 36700
O baúl de Isaura O baúl de Isaura is one of the popular Shopping & Retail located in Palláns 45 ,Túy listed under Local business in Túy , Shopping/retail in Túy , Tailor in Túy ,

Contact Details & Working Hours

More about O baúl de Isaura

Esta idea xorde a partir dun curso de técnica de bordado ao aire. Comezamos enfocándoo exclusivamente a adorno do traxe rexional galego, pero ó mesmo tempo que avanzabamos no coñecemento, decatámonos do gran abaníco de posibilidades que pode ter esta técnica de bordado tan antiga.

Os bordados realízanse a partir dunha plantilla cun debuxo que se coloca con alfinetes nunha almoadilla, chamada "mundiño". Enriba do mundiño amarramos con alfinetes o patrón e imos colocando con moito tino o cordon "soutache" segundo a silueta do debuxo. A partires de este punto, continuamos cosendo e colocando o cristal, como recheo do debuxo. Para todo isto empregamos cristal checo e un fío recuberto dunha pequena capa de parafina para evitar que o cristal o corte e garantir a calidade da peza que estamos a realizar.

O fin da nosa páxina é amosar todas as destrezas e habilidades aprendidas o longo de multitude de cursos, ademáis de todo o que facemos de maneira totalmente autodidacta como bonecas de trapo, roupa para bebés, bordado, ganchillo e vestidos e farrapos para gaitas.

Map of O baúl de Isaura