III Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia

Miguel Ferro Calveiro, s/n, Santiago de Compostela, 15707 ,Spain
III Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia III Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia is one of the popular School located in Miguel Ferro Calveiro, s/n ,Santiago de Compostela listed under Education in Santiago de Compostela ,

Contact Details & Working Hours

More about III Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia

Os camiños da Psicoloxía son extensos e queremos colaborar para mapearlos. Entre o 2 e o 4 de xuño de 2016 celebraremos o III Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia "Os camiños da Psicoloxía", organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia; unha reunión científica para a que nos implicamos en deseñar un atractivo programa que nos permita entrar nos diferentes roteiros que nos ofrece esta disciplina.

Será unha oportunidade excelente para o encontro e a participación, para actualizar coñecementos e reflexionar sobre os distintos aspectos do saber que conforman unha disciplina ampla con especial vocación aplicada.

A nosa intención é contribuír ao sostido crecemento científico e ao recoñecemento social que experimentou a Psicoloxía nas últimas décadas. O punto de encontro será a cidade de Santiago de Compostela, un destino evocador de xentes en busca de respostas e confluencia de itinerarios diversos desde a antigüidade.

Desde o Comité Organizador queremos darche a benvida ao Congreso "Os camiños da Psicoloxía" e animámoste a participar activamente a través do intercambio de coñecementos e experiencias. Convidámoste a compartir os teus mellores proxectos, casos clínicos, modelos de traballo ou a túa actividade investigadora, ben sexa en formato de comunicación oral, póster o propoñendo un simposio temático. As túas valiosas achegas son as que converten este encontro na cita de referencia nesta área científica.


Agardámoste en Santiago de Compostela.

Map of III Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia