Fundación Expomar

Burela, 27880 ,Spain
Fundación Expomar Fundación Expomar is one of the popular Organization located in ,Burela listed under Organization in Burela ,

Contact Details & Working Hours

More about Fundación Expomar

A Fundación Expomar organiza un amplo conxunto de eventos coincidentes sempre cos intereses do sector mariño, que pasan pola súa promoción, formación e información, pola actualización de coñecementos e avances tecnolóxicos como base da mellora da súa competitividade, e pola realización de toda clase de actividades que serán necesarias para os fins pretendidos.

É por todo isto que ó longo do ano a Fundación organiza unha serie de actividades que van desde conferencias e cursos específicos para unha maior formación do noso sector mariño (o cal, en definitiva, vertebra a economía da nosa comarca), a actividades complementarias como Campionatos de Pesca, Vela, etc, e Xornadas adicadas a comercializadores do peixe, restauradores, exportadores e, en definitiva, a tódalas persoas relacionadas dalgunha maneira co mundo do mar.

Sen embargo, se tiveramos que destaca-la actividade máis importante que a nosa fundación aborda, entrariamos de cheo en EXPOMAR, Feira Monográfica Náutico-Pesqueira que ten lugar na nosa localidade de Burela a penúltima fin de semana do mes de maio de cada dous anos.

Map of Fundación Expomar