Ecrim

Facultad de Dereito, Campus de Elviña, s/n, A Coruña, 15071 ,Spain
Ecrim Ecrim is one of the popular College & University located in Facultad de Dereito, Campus de Elviña, s/n ,A Coruña listed under University in A Coruña , College & University in A Coruña ,

Contact Details & Working Hours

More about Ecrim

O grupo de investigación ECRIM ten a súa sede principal na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña e tense ido conformando fundamentalmente baixo a dirección académica e científica de Carlos Martínez-Buján Pérez, catedrático de Dereito penal de dita universidade.

Na actualidade, ECRIM está formado por preto dunha ducia de membros, nos que a media de idade -marcada pola xuventude- vai unida a unha xa dilatada experiencia investigadora, da que son produto, aparte de varios centenares de artigos en revistas e libros especializados, os máis de trinta libros en autoría directa que acumulan os seus membros.

As liñas de traballo que desenvolve o ECRIM son múltiples e atenden a moi diversos aspectos das chamadas Ciencias penais. Entre elas, podemos destacar, en primeiro lugar, a particular atención que o grupo presta ao Dereito penal socioeconómico (delitos de empresa, delitos contra os consumidores, delitos medioambientais, etc.) e á influencia que a globalización e os crecentes fluxos migratorios das sociedades contemporáneas ten sobre o sistema penal.

En segundo lugar, outra grande liña de produción científica é a representada polo estudo de cuestións penais desde a perspectiva de xénero. Emparentada con esta segunda liña, xurde unha terceira, a do estudo da criminalidade sexual e a súa específica problemática.

Por último, dúas cuestións máis, en absoluto marxinais na actividade investigadora do noso grupo, son o Dereito penal internacional (e, en conexión con este, a cuestión da chamada memoria histórica) e o estudo das cada vez máis frecuentes no noso ordenamento penas privativas de dereitos e a problemática xeral das alternativas ás penas privativas de liberdade.

Map of Ecrim