EASD Mestre Mateo

Rúa Virxe da Cerca, 32, Santiago de Compostela, 15703 ,Spain
EASD Mestre Mateo EASD Mestre Mateo is one of the popular Community College located in Rúa Virxe da Cerca, 32 ,Santiago de Compostela listed under Education in Santiago de Compostela ,

Contact Details & Working Hours

More about EASD Mestre Mateo

A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, de Santiago de Compostela, é un centro público dependente da Xunta de Galicia fundado en 1888.

A achega deste centro de ensinanzas artísticas foi esencial na formación de artesáns e creadores, na conservación e promoción do noso legado histórico-artístico, así como na xeración dun espazo aberto á formación humanística.

Esta Escola tivo un importante papel na profesionalización das actividades artísticas en Galicia, abrindo a toda a sociedade a posibilidade da aprendizaxe de oficios e técnicas de gran importancia económica e cultural.

Na última década se conferiu rango de estudios universitarios ás nosas ensinanzas, o que supuxo a renovación dun centro que busca ofrecer unha resposta docente de calidade a un novo perfil de alumnado, dotándoo dunha formación multidisciplinar que responda ás esixencias productivas e sociais.

O obxectivo é trasladar a cultura do deseño ao conxunto da sociedade, dende as bases dun ensino público e de calidade, formando profesionais capaces de liderar este proceso.

A plena adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior convértese no reto inmediato para esta institución centenaria.

Map of EASD Mestre Mateo