Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo. Escola centrada na formación de afeccionados e profesionais no ámbito da música folk e tradicional con dous itinerarios diferenciados. Recolle a experiencia acumulada polo 1º Conservatorio de Música Tradicional creado en Galicia no ano 1996.
Conta con 10 mestres que imparten 9 especialidades instrumentais: Arpa céltica, Acordeón diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Galega, Requinta, Violín e Zanfona.
Membro fundador da ENFO (European Network of Folk Orquestras). Conta cmo socios a Sibelius Academy de Helsinki, a Asociación TRADALP de Turín, a Royal Scotish Academy of Music and Drama e a Fundación SondeSeu