O Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia agrupa a tódolos titulados universitarios, en calquera das especialidades recoñecidas legalmente: axudantes e peritos de montes, Enxeñeiros Técnicos Forestais, titulados de Grado forestal ou calquera outra nomenclatura que puidese existir no futuro que habilite para o exercizo da Enxeñería Técnica Forestal.
O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia se constitúe no ano 1997 por segregación do Ilustre Colexio Nacional de Enxeñeiros Técnicos Forestais (Decreto 250/1997 do 25 de agosto), co fin de acadar unha organización máis operativa e próxima ós profesionais desta comunidade.