Cineclub Bueu

Centro Social do Mar, Bueu, 36930 ,Spain
Cineclub Bueu Cineclub Bueu is one of the popular Performance & Event Venue located in Centro Social do Mar ,Bueu listed under Event Venue in Bueu , Movie Theater in Bueu , Social Club in Bueu ,

Contact Details & Working Hours

More about Cineclub Bueu

O Cineclub Bueu, constituíuse o 13 de febreiro de 1999 da man dun grupo obxectores de conciencia que estaban realizando a Prestación Social no Concello de Bueu. Colaboraban na proxección de películas en 16 mm ao aire libre, e con este estímulo decidiron darlle forma aos seus intereses cinematográficos poñendo en marcha unha iniciativa a través da que dar saída aos títulos que non aparecían nas salas comerciais. É posible que a primeira película oficial do cineclub fose “Fucking Amal”, de Lukas Moodysoon.
Con moi poucas interrupcións, o Cineclub Bueu vén facendo proxeccións dende entón, ao principio cada quincena e a partir do ano 2004 con periodicidade semanal. O obxectivo principal da asociación nesta etapa foi o de examinar a historia do cine para presentar ao público escollido que nos seguía a nosa particular escolma da mitoloxía cinematográfica, tratando sempre de non reducila ao “discurso oficial” do cine norteamericano, de xeito que tiveran cabida propostas cuxa indubidable calidade é proporcional á súa escasa transcendencia mediática.
A partir de outubro do 2015 estreamos nunha nova etapa, onde a actualidade marca a pauta. Buscamos agora o cine máis novo, as últimas propostas do chamado cine independente, alleo as canles de distribución masiva. Ás duras condicións mercantilistas ás que se ven sometidas as iniciativas sen ánimo de lucro de promoción da cultura cinematográfica, obrigounos a espaciar as proxeccións, restrinxíndoas a unha ao mes, mais en contrapartida o apoio do público parece ir en aumento. É xa a partir de xaneiro de 2017 cando ampliamos a nosa programación a dous, mesmo tres filmes mensuais, con títulos do cinema galego e a presencia dos realizadores para a súa presentación e posterior debate co público.

Map of Cineclub Bueu