Campamentos Xaquedrum 2016

Rúa de Roi Xordo, Lugo, 27002 ,Spain
Campamentos Xaquedrum 2016 Campamentos Xaquedrum 2016 is one of the popular Sports & Recreation located in Rúa de Roi Xordo ,Lugo listed under School in Lugo ,

Contact Details & Working Hours

More about Campamentos Xaquedrum 2016

Campas de Xadrez Lugo.

O horario do campamento será de nove da mañá ás dúas da tarde. Podendo levar o neno dez minutos antes e recollelo dez minutos despois.

A organización para facilitar a conciliación da vida laboral e persoal, terá un servizo de madrugadores que será dende as oito da mañá ás nove, e o seu custo será de dous euros ao día.

Xadrez divertido

Os primeiros pasos no mundo do xadrez.

Xadrez divertido é un taller de pre-xadrez, onde os nenos e nenas irán aprendendo a xogar ao xadrez dunha forma divertida e participativa. Onde eles serán os protagonistas.

O neno e nena pintarán, recortarán, xogarán, farán talleres de reciclaxe, farán as súas propias chapas…

Coñecerán a mascota da Asociación que xogará con eles.

A todos os participantes se lles regalará un caderno para traballar na casa no verán.
Xadrez máxicos

Se un mago do xadrez

Xadrez de maxícos é un taller de xadrez, onde os nenos e nenas irán aprendendo os principais motivos tácticos que existen no xadrez, o que lle permitirá mellorar as súas capacidades xadrecísticas. As clases serán principalmente prácticas, onde cada alumno ou alumna vaia ao seu propio ritmo dunha forma lúdica e divertida.

Recibirá charlas teóricas e poderá poñer en práctica os coñecementos que vaia adquirindo, a través de xogos cooperativos, concurso de resolución de problemas, concursos por equipos de creación de problemas e un pequeno torneo ao final de cada día.

Map of Campamentos Xaquedrum 2016